25/2/13

Domingo 3 marzo: percorrido polo Eifonso, afluente do Lagares



Tras percorrer o curso completo do Lagares, continuaremos cun dos seus principais afluentes, o río Eifonso.  Nace preto do campus universitario de Lagoas-Marcosende, no Monte das Lagoas, a 450 metros de altitude. Nos seus 6 kilómetros de lonxitude percorre as parroquias de Bembribe, Beade e Sárdoma.  Na sua cabeceira poderemos disfrutar dalgunha das fragas e bosques de ribeira mellor conservadas do Concello de Vigo.  Gran parte do percorrido está marcado no PR G-5, sendeiro homologado e en bo estado de conservación.
Este é un percorrido para disfrutar da beleza do río, de fervenzas como a de a Bouzafría e das fragas, que comezan a amosar  os primeiros signos da primaveira.  Xa son numerosas as árbores que escomezar a agromar, e poderemos observar as primeiras floracións de cáncaros, anémonas, amarelles, e moitas outras. Déixase ver tamén a pegada do home pois pasaremos por pontellas e muíños, antigas aldeas abandoadas, como a da Fraga, ou a Capela de San Cibrán.
Neste percorrido hai unha novidade salientable, poderemos escoller si facer o percorrido subindo ou baixando.  No momento de subir os autobuses deberemos escoller unha das dúas opcións, tendo en conta que nos teremos que distribuír entre dous autobuses.
O xoves subirase ao blog a ficha técnica do percorrido. En todo caso como avance, estes son os datos.




  Proceso de inscrición e de participación

Lembrar que para poder inscribirse nos percorridos medioambientais é necesario chamar ao 010 entre o luns e o xoves e reservar praza. Na solapa superior do blog denominada "Inscrición" atoparedes todos os detalles.
Unha vez inscrito, o domingo pola mañán, entre 9:00 e 9:30 pásase lista diante da marquesina de autobus situada enriba da Praza do Rei. 
Os/As participantes que xa dispondes de carné de Camiño a Camiño simplemente o tendes que presentar e así axilízase o proceso. Os/as novos participantes entregarásevos o citado carné.
De cara a facer cómodos os percorridos, recoméndase levar calzado de camiñar que suxete ben o pé e aqueles/as que o precisen un bastón de apoio. Na ruta deste domingo é esixente e por tanto é moi necesario atender estas indicacións.