7/12/12

Horta de Fontáns: progresa adecuadamente

Durante esta última semana desenvolveuse unha actividade moi intensa na horta de Fontáns. Aproveitando que o tempo deixou algún que outro claro, os e as participantes van acabando de preparar os bancais elevados e empezando a facer plantacións de tempada.





A actividade este sábado non terá lugar por ser festivo e continuará durante todo o mes de nadal os martes de 10 a 13 horas, os mércores de 16 a 18 horas e os sábados de 10 a 13 horas, agás os días que coincidan festivos ou que a climatoloxía impida traballar.