25/11/12

Breve resume da semana despois do parón no blog

Ruta Monte dos Pozos-Saiáns
Cómpre destacar que a ruta desenvolveuse cunha climatoloxía moi agradable e coa participación dun número importante de participantes que o facían por primeira vez. Nas fotos que dispondes no apartado "fotos" (pinchar aqui) podedes comprobar algúns dos momentos interesantes do día.


Ruta por Ancares 2ª quenda
Durante o sábado e o domingo a expedición a Os Ancares tivo a fortuna de poder realizar sendas rutas por un dos paraxes máis expectaculares de Galicia. Ademáis, todos os participantres resaltan a hospitalidade  recibida en Piornedo e as boas sensacións vividas.
Mañán disporemos de instantáneas desta quenda.

Outras actuacións
Neste sábado realizáronse sendos cursos de voluntariado medioambiental e de hortas urbanas. A participación foi case completa e, a pesares da mañá pouco atractiva que amañeceu, logrouse un clima de intercambio e de interese polos temas propostos, moi destacado.




A actividade de hortas en Fontáns e as accións de voluntariado tivéronse que suspender porque as condicións climatolóxicas do sábado así o recomendaban.

Por último, queremos pediros disculpas por que o blog estivo inactivo durante 5 dias debido a problemas técnicos asociados ao sistema de xestión da información de Camiño a Camiño. Ao longo da semana que escomeza tentaremos recuperar a normalidade.