Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

22/10/12

Semana intensa en actividade: ruta, cursos e voluntariado

Nesta semana a programación de Camiño a Camiño intensifícase coa incorporación do curso de iniciación ao voluntariado e do curso básico de hortas urbanas.

Senda das Greas (etapa 10): Sequeiros - Rio Barragán




Ruta curta: 8,5 km. Dificultade: media 
Ruta longa: 12 km. Dificultade: media-alta
Ver información completa o xoves.

Inscrición no 010, de luns a xoves
Data e hora: domingo, 28 de outubro, 9:00 (proceso de inscrición) para saír as 9:30.
Achega: 3 euros

Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental

De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuación é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.
27 outubro (sábado): Iniciación ao voluntariado medioambiental
24 novembro (sábado): Iniciación ao voluntariado medioambiental
Horario: 10:00 -14:00   Lugar: Vigozoo.
Destinatarios: maiores de idade.   Grupo: ata 90 persoas 
Inscrición: 010, na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00
    
Cursos básico de hortas urbanas
Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto.
27 outubro (sábado): Curso básico de hortas urbanas
3 novembro (sábado):Curso básico de hortas urbanas
3 novembro (sábado):Curso básico de hortas urbanas

Horario: 10:00 -14:00   Lugar: Vigozoo.
Destinatarios: maiores de idade.   Grupo: ata 50 persoas 
Inscrición: no 010 ata o xoves previo
Achega: 5 euros
Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas urbanas en réxime de cesión.