5/10/12

Concurso fotográfico de Cies

Este verán estivo convocado un concurso fotográfico entre todos os voluntarios e voluntarias de Camiño a Camiño nas Illas Cíes. A temática era libre e pretendía que, a través de imaxes, reflectiran as súas vivencias nos días de labor voluntaria.
Dos mais de 200 voluntarios e voluntarias, participaron 33 con sendas fotografías cada quen. O resultado foi unha boa colección de instantáneas que recollían entorno, flora, fauna, orografía e acción voluntaria. A selección, como cabía esperar, resultou foi complicada dada a alta calidade das propostas. Ao final entre representantes do Parque das Illas Atlánticas e da Concellería de Medio Ambiente acordouse seleccionar as 10 seguintes (pinchar aqui), que recibirán o correspondnete agasallo de libros cortesía do Parque das Illas Atlánticas: