26/9/12

Chus Lago presenta Camiño a Camiño de outono

A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presenta unha amplia e variada programación do programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño". Xunto coas rutas previstas entre os meses de outubro e decembro, deuse a coñecer as accións formativas e as novidades relativas ao voluntariado de Camiño a Camiño.

Na rolda de prensa tamén deu conta da campaña de verán de Voluntariado, onde destacou a participación permanente dunha media de 15 voluntarios e voluntarias no río Lagares os mércores e sábado, así como máis de 200 voluntarios e voluntarias nas Illas Cíes.

Salientou tamén a Concelleira a satisfacción de ter logrado o patrocinio de Eroski para o programa, que se trasladará tamén a unha campaña de divulgación de Camiño a Camiño nos Centros Eroski da cidade.


No apartado "Programación 4º trimestre" atópase o detalle da proposta para o outono, onde cabe destacar:
- Senda das Greas: realízanse as 6 etapas que permiten finalizar o percorrido de mais de 200 km da ruta que percorre a área intermunicipal de Vigo
- Ruta por Ancares, iniciando así as rutas polas grandes cimas de Galicia.
- Cursos de voluntariado, atendendo á demanda que está habendo para participar no voluntariado do Lagares ou das Illas Cíes.
- Curso específico de voluntariado en Vigozoo, de cara a preparar a persoas voluntarias que colaboren co departamento de educación do zoo.

A información sobre a participación nas rutas atópase no apartado "Inscricións" e a información sobre voluntariado no apartado "Voluntariado CaC"