27/6/12

Temas de voluntariado

Este mércores, pola tarde, terá lugar unha xuntanza de coordinación co voluntariado que participou habitualmente nas accións do río Lagares. O obxectivo é programar unha campaña para os meses de verán que permita manter a labor realizada dende maio e avanzar nalgunha outra actuación que sexa posible durante estes meses estivais.




No tocante aos diplomas de asistencia ao curso de iniciación e de realización de horas de voluntariado, o criterio adoptado pola Concellería de Medio Ambiente é que se entregan nas oficinas deste departamento en horario de atención a público a partir do xoves 28 de xuño.


Por último, dada a elevada petición de prazas para realizar voluntariado nas Illas Cíes e dada a posibilidade de incrementar o número de prazas por quenda, está previsto que se adxudiquen as quendas ao longo do día do propio xoves 28. Tamén se indicará o procedemento de inscrición defintivo.