2/5/12

Voluntariado no Lagares: se queres participar inscríbete no 010

A inscrición no 010 para a acción cidadá de Voluntariado no Lagares permanece aberta ata este venres 4 de maio pola mañá .
Con ela iníciase o traballo que o voluntariado de Camiño a Camiño, en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado, vai desenvolver durante o mes de maio e xuño na ribeira do Lagares. O obxectivo principal é a erradicación de prantas exóticas invasoras e a limpeza das beiras do río.

Exemplo de área de erradicación de exóticas invasoras

Acción 5 maio, 9-14h (punto de encontro: parking enfrente a CEIP Balaidos).
Aberto aos cidadás e cidadás que queiran participar na acción. Poden ir acompañados de menores ao seu cargo.
Requisito: apuntarse no 010 e cubrir documentación (para estar asegurados) en Casa da Xuventude ata o venres pola mañá. NON fai falla ter feito o curso de voluntariado medioambiental.
Accións a partir do 5 de maio (mércores e sábados, de 10 a 13). Debido ás dificultades que teñen os interesados en combinar tres quincenas, simplemente hai que apuntarse para estas accións e logo se organizarán quendas segundo a dispoñibilidade manifestada.
Requisitos: Ter feito (ou ter previsto facer) o curso de voluntariado medioambiental, e apuntarse no 010 e cubrir documentación (para estar asegurados) en Casa da Xuventude ata o venres pola mañá.