4/5/12

A ruta por Cabo Udra: unha caixa de sorpresas

A ruta parte dende Cabo Udra, pequena península das Rías Baixas que constitúe un dos Lugares de Interese Comunitario (LIC) que son protexidos e forman parte da  “Rede Natura  2000”. Sairemos logo en dirección Aldán, todo pola costa, pasando por Lagos, Area de Bon, Menduiña, Area Cova, San Cibrán…ata chegar ao peirao de Aldán.
Entre as "sorpresas" que nos agardan están os bolos graníticos que conforman un monumento xeolóxico de primeira orde. Tamén se poderá contemplar flora e fauna, especialmente aves, moi interesante. Máis información na documentación
Como a ruta é sinxela, resulta posible chegar a comer a unha hora razoable para quen teña previsto celebrar o día da nai.










 Ruta: Cabo Udra - Aldán
Percorrido completo: 11 km                          Duración: 3:30 h
Altura máxima: 92 m. Altura mínima: rego Nocedo (8 m)
Dificultade: Media - Baixa
Pendente máxima: 27,1 %  -23,6 %