15/5/12

A natureza vista dende distintos ángulos

Hai días que coincide que varias persoas ou monitores remiten fotos ao blog e a sensación que che da é a fermosura que ten contemplar o noso entorno dende distintas perspectivas.
En primeiro lugar, no obradoiro de caixas-niño deste sabado en Vigozoo os rapaces disfroitaron preparándolle "residencias" para os morcegos. Podedes ver máis fotos no apartado "Fotos Infantil"




En segundo lugar, na visita as Médulas poidose observar un verdadeiro espectáculo da natureza. Non hai máis que ver no "Safari Fotográfico" a reportaxe que nos envia Xurxo e particularmente esta foto:




Por último, despois do parón das choivas, os alumnos de diversos centros educativos de Vigo (neste caso CEIP Mestres Goldar) voltan a recrearse nas maravillas das zonas húmidas que nos rodean. Toda unha experiencia.