23/5/12

Camiño a Camiño en fotos

Cada vez máis participantes do Camiño a Camiño se adhiren aos distintos apartados onde se poden rememorar as rutas a través das fotografías: Fotos (as oficiais da organización), Safari fotográfico (as enviadas ao correo info@caminoacaminovigo.org por parte dos "reporteiros" participantes), Voluntariado, Fotos infantil e CaC en idade escolar.
En definitiva, unha morea de instantáneas que permiten refrescar momentos intensos, situacións curiosas ou simplemente a beleza do contorno.
Dado que algunhas persoas tiveron problemas na visualización, comentar:
- Semanalmente colócanse as series fotográficas das rutas feitas na parte dereita do blog. Xa pasan automáticamente as fotos e se se pincha enriba, vense en mais grande e pódense tamén seguir pasando.
- Estas mismas fotografías colócanse no apartado "Fotos", de xeito que seguindo o índice da parte superior localízase a ruta a revisar (en orde descendente no tempo). Pulsando enriba de cada foto accédese ao album picasa onde están depositadas.



Sin ir mais lonxe, as fotografías de Cíes e de Médulas desta última semana conteñen perlas como as seguintes: