25/5/12

Actividade sorpresa no voluntariado en Cíes

VOLUNTARIADO CIES (sábado e domingo)
Están todos os preparativos para levar a cabo a 2ª sesión de voluntariado nas Illas Cíes. Lembrar que a saída está prevista o sábado para as 9:30 na estación marítima e que a volta será o domingo as 17:15.
A actuación prevista, organizada pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración co Parque das Illas Atlánticas e co patrocinio de Eroski Center, vai desenvolver as habituais labores de erradicación de prantas invasoras e de limpeza. Ademáis, :nesta ocasión, haberá unha acción sorpresa que resultará de moito interese para todos os voluntarios e voluntarias e, sobre todo, para os acompañantes menores.
O sábado tamén terá lugar a actividade de observación de fondos marinos mediante snorkel. Todos aqueles voluntarios e voluntarias que lle interesen poden levar o seu tubo e gafas (e se teñen o resto do equipo). A organización porá a disposición traxes de neopreno e aletas e tamén algunhas gafas e tubos.




VISITA A CIES (Domingo)
Tamén está completas as reservas para a visita o domingo ás Illas Cíes. Horario de saída as 9:30 na estación marítima e retorno as 19:30.
Como na semana anterior, duascentas persoas teñen praza para a visita. Moitas delas é a primeira vez que visitan a illa e poderán comprobar o escepcional paraíso natural co que conta as illas e motivo polo que se trata dun Parque Natural.
Unha mostra é a fotografía que nos envia Gladys (ver en Safari fotográfico o resto).




CONCURSO EROSKI
Lembrar que ata o 30 de maio está aberto o concurso sobre rutas en gps polos Parques Nacionais (pinchar aqui para ver as bases). Agardamos que vos animedes.