1/4/12

Multiaventura en Zamáns para rapaces e acompañantes

A multiaventura da Praza de Independencia trasladouse este sábado a Zamáns. Os 120 rapaces incritos con algúns do seus pais e titores poideron disfrutar dunha xornada intensa (e tamén máis extensa do previsto) nun dos entornos máis conservados do Concello de Vigo.
A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, despediu aos expedicionarios da Praza do Rei e, despois de formar os grupos e dar as instrucións básicas por parte dos monitores, iniciouse a actividade.



Os 10 grupos de participantes tiveron que realizar distintas probas de interpretación medioambiental (coller mostras de auga e analizar o pH, distinguir flora e fauna, observar aves co telescopio, etc) e, por suposto, completar todas as probas de multiaventura (tirolina, paso do oso, orientación, rocódromo, etc). A maioría dos grupos superou con éxito unha porcentaxe elevada de probas, tendo que coordinarse internamente e buscar alternativas cando outros grupos chegaban antes. En xeral todo discurriu con normalidade e, só unha vez na baixada do autobús, producíuse un pequeno incidente que non tivo maiores consecuencias e quedou en anécdota.
No bloque de fotos Multiaventura Zamans Infantil recóllense instantáneas de distintos momentos da actividade e da intensidade coa que se viviu a experiencia.


Os acompañantes realizaron unha ruta polo contorno do encoro, deténdose no muíño de Maquías e en distintos puntos dende onde se veían as probas que realizaban os rapaces participantes. A camiñata foi gratificante, contando coas aportacións dalgúns dos membros deste grupo e coa magnífica guía dos "exploradores" máis pequenos.
No bloque de fotos Multiaventura Zamans Adultos recóllense algúns momentos desta particular camiñata.


A próxima experiencia en Vigozoo os días 2, 3 ou 4 de abril, de 11 a 18 horas. Tamén os sábados de abril e maio, despois de semana santa, realizaranse actividades para os máis cativos os sábados de 17 a 19 horas. Agardámosvos.