24/4/12

Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental

Durante esta semana está aberto o prazo de inscrición no 010 para o Curso de Iniciación ao Voluntariado Medioambiental a celebrar o vindeiro sábado 28 de abril, entre as 10 e as 14 horas, nas instalacións de Vigozoo.
Tamén haberá cursos o vindeiro 5 de maio, de 17 a 21 horas, e o 12 de maio, de 10 a 14 horas.
O programa previsto para a acción formativa é:
- Nocións básicas de voluntariado
- O voluntariado medioambiental en xeral
- Descanso
- O voluntariado medioambiental nas Illas Cíes (informarase da inscrición, do equipamento e das recomendacións a ter en conta) e nos entornos naturais do Concello de Vigo



Este curso habilita a participar en accións de voluntariado promovidos pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado. As vindeiras accións previstas son o Programa de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes a celebrar nas fins de semana do 19-20 e 26-27 de maio, así como a accións que se están a programar próximamente no termo municipal e da que proporcionará información nos vindeiros días.