26/4/12

Coa 6ª etapa do sendeiro de Greas faise un parón ata o outono

O tempo pasa e xa levamos 6 etapas do Sendeiro das Greas. Parece que non pero xa se leva realizado aproximadamente a metade do percorrido e circulado polos concellos máis ao sur da área intermunicipal de Vigo.
Esta etapa vai permitir recapitular sobre algúns dos temas quentes que viñemos tratando nas etapas anteriores, entre eles o impacto dos incendios e a permanencia ou non dos cabalos salvaxes.
No documento "Greas 6" atoparedes máis información, que se resume de seguido.





Ruta: Couso - Morgadáns
Percorrido completo: 13,9 km                                Duración: 4:30 h
Ruta curta (con atallo): 9,3 km                              Duración: 3 h
Altura máxima: Serra de Prado (516 m) Altura mínima: río Touteiras (138 m)
Dificultade: Media - alta
Pendente máxima: 25,1 %  -38,2 %