15/3/12

SENDEIRO DAS GREAS I: 2º A Xunqueira – Virxe da Rocha

Continuamos este espectacular roteiro que nesta etapa nos vai levar dende a Xunqueira do río Miñor ata a mesma Virxe da Rocha na vila de Baiona.

Unha pequena sorpresa nos agarda, xa que pasamos pola Estación Rupestre "Os Campos", un lugar onde o pasado e o presente se unen e nos mostran a ligazón do ser humano e a natureza, que está moi presente en cada pedra deste Roteiro das Greas.


Non deixes de consultar o documento "GREAS II" para ampliar a información.


Ruta Enteira:  A Xunqueira – Virxe da Rocha
Recorrido: 13 km Altura máxima: Os Campos (282 m)
Duración: 4 h Altura mínima: Río Miñor (1m)
Dificultade: Media (algunhas pendentes moi empinadas)
Pendente máxima: 27,6% - 22,4%
 



Ruta Corta: A Xunqueira – Sta. Mariña de Baíña (apeadeiro)
Recorrido: 9,12 km Altura máxima: Os Campos (282 m)
Duración: 3 h Altura mínima: Río Miñor (1m)
Dificultade: Media (algunhas pendentes moi empinadas)
Pendente máxima: 27,6% - 22,4%