16/3/12

Por motivos climatolóxicos, aprázase o evento Escalada e Multiaventura

O evento de "Escalada e Multiaventura" previsto realizar o 17 de marzo, de 16 a 20 horas, na Praza da Independencia, aprázase ata o sábado 24 de marzo, no mesmo horario, motivado a que a previsión de choiva para este sábado impide desenvolver as actividades de escalada previstas coas garantías de seguridade axeitadas.

Debido ao aprazamento do evento da Praza de Independencia para o día 24, a Concellería de Medio Ambiente vese na necesidade de suspender a sesión das actividades de iniciación á aventura medioambiental en Zamáns prevista para ese día, manténdose a prevista para o día 31 de marzo.
Para calquera información adicional pódese consultar no 010 e en info@caminoacaminovigo.org