8/3/12

O CEIP de Balidos inicia o Camiño a Camiño en idade escolar

O pasado luns 5 de marzo principiou o Camiño a Camiño en idade escolar, dirixido aos alumnos e alumnas de centros educativos públicos de Vigo. O primeiro en participar foi o CEIP de Balaidos.
Nesta tempada a temática a abordar son as zonas húmidas de Vigo, seleccionando para ilo a aqueles centros próximos aos humidais de O Vao, de Muiños-Goberna e de Barreiros.
A primeira experiencia resultou moi interesante tal e como se pode comprobar na sección "CaC en idade escolar", tanto pola participación dos alumnos de 6º de primaria como polo documento de 1956 no que se ve o trazado orixinal do río Lagares, con todos os meandros que na actualidade non existe.