26/3/12

O Alcalde anima ao voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño

O segundo curso de iniciación ao voluntariado contou coa presenza do Alcalde, D. Abel Caballero. As preto de 100 persoas que participaron na acción formativa comprobaron directamente o elevado nivel de coñecemento que sobre a illa dispón o Alcalde e, en particular, a excepcionalidade da praia de Rodas, froito de miles de anos de sedimento, que por pouco co Pestrige pérdese para sempre.



A Concelleira de Medio Ambiente deu a coñecer a programación prevista para 2012 nas Illas Cíes, na que van participar 1000 cidadáns vigueses. Destacou a participación prevista de 600 persoas voluntarias entre as accións de abril e maio e as accións de xullo a setembro.
Por outra banda, durante o curso abordáronse os contidos propios de voluntariado, de voluntariado medioambiental e e de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes.
Tamén se lembrou que a partir deste luns 26 de marzo, ata o xoves, terá lugar o proceso de inscrición para as prazas da 1ª e 2ª quenda de semana santa, a celebrar entre os días 31 de marzo e 3 de abril (idades comprendidas entre 18 e 35 anos) e os días 5 e 8 de abril (a partir de 18 anos).