7/3/12

A néboa foi a nosa compañeira de viaxe pola ruta do máxico monte Paralaia

Non podería faltar a néboa neste último percorrido polo Morrazo, no cal nos achegamos ao alto do Paralaia, un lugar cheo de lendas de mouros e meigas. Envolveunos a historia dos nosos antergos e a natureza caprichosa da paisaxe que nos fala da súa beleza e fraxilidade. Algo tan valioso e fermoso, meus benqueridos camiñantes, que non debemos deixalo perder.



Non deixedes de visitar a nosa, cada vez máis extensa, sección de fotos e safari fotográfico, onde recollemos día a día as vosas novas aportacións.