27/3/12

Corrección de Erros Actividade "Un día de aventura en Vigozoo" (2-3-4 de abril).

Debido a un erro de interpretación da información onde se consignaba e a esta actividade coma "gratuíta", lémbrase a todos os interesados que o prezo real da mesma é de 2,55 € por participante.

Esta actividade "Un día de aventura en Vigozoo" celebrarase os días 2, 3 e 3 de abril en Vigozoo.

Pro motivos de xestión, é necesario que o pai, nai ou titor legal acompañe ao participante a Vigozoo, e que figure coma seu responsable no momento da finalización da actividade.


Os participantes sempre estarán a cargo dun equipo de monitores durante toda a duración da actividade.

A comida non está incluida, polo que é necesario que cada participante a traia de casa. Recomendamos un bocadillo, bebida e froita. Cabe a posibilidade de encargar a comida na propia cafetería do zoo.