5/3/12

As e os camiñantes do Camiño a Camiño con Francisca

Na ruta desta fin de semana nosa querida e asídua camiñante Francisca sufriu un accidente grave no nocello, que obrigou á súa evacuación e posterior operación.
A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, as persoas participantes e o monitorado de Camiño a Camiño esperamos a súa pronta recuperación e agardamos que no máis breve prazo de tempo nos continúe acompañando nas rutas de Vigo e bisbarra.
Un agarimoso saúdo.