21/3/12

Ampliación das prazas para o Curso de Voluntariado Medioambiental

Diante do éxito de inscrición no Curso de Iniciación ao Voluntariado Medioambiental a celebrar o vindeiro 24 de marzo, entre 10 e 14 horas, no Vigozoo, a Concellería de Medio Ambiente amplia o número de prazas ata 100.
Este curso resulta imprescindible para poderse inscribir a partir do luns 26 de marzo para participar nas labores de voluntariado de semana santa (1ª quenda: 31 marzo - 3 abril, idades de 18 a 35 anos; 2ª quenda: 5 a 8 abril, maiores de 18 anos).
Lembrar que está previsto que poidan acompañar aos voluntarios/as menores de idade, propiciando así o inicio á sensibilización na conservación do medio dos mais pequenos.
Ademais, a Concellería comunicará en breve as datas de novos cursos a celebrar antes da actividade de voluntariado en Illas Cies a celebrarse as fins de semana do 19-20 de maio e 26-27 de maio (100 prazas en cada caso)